Moreno Cabrera: “O inglés é inútil no reino de España”

Juan Carlos Moreno Cabrera, doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Lingüística Xeral na Universidade Autónoma de Madrid, é un dos maiores referentes no estudo das relacións entre as actitudes lingüísticas e as ideoloxías.

E é que cada usuario dunha lingua estabelece consideracións a respecto da proxección da súa propia imaxe (autoimagotipo) e a respecto da imaxe dos outros (heteroimagotipo).

Isto explica casos como o autoodio, a xerarquización das linguas nun estatus A e B ou o exercicio de imposición dunhas linguas sobre outras (imperialismo lingüístico).

J_C_MORENO CABRERA

Pero deixemos isto para máis adiante e voltemos ao que toca agora.

Convidado para presentar un seu libro do ámbito da lingüística, a presentadora do video que aquí mostramos lanza unha serie de preguntas como as que relatamos a seguir. Recoméndoche eu, encarecidamente, e antes de visionares o video, que penses cal será a resposta a estas cuestións.

  • Por que o español é o idioma común de España, dalgúns países de latinoamérica e doutras partes do mundo?
  • O número de falantes é indicativo da riqueza dunha lingua… non?
  • Un idioma que falan tantos e tantos millóns de persoas quere dicir que é un idioma fácil de aprender? E polo tanto, útil?
  • Ser multilingüe en guaraní, en aimara, en quechua… para que serve?
  • Será mellor, entón, aprender chinés porque hai moitos chineses?
  • O español é lingua de comunicación. Coas linguas minoritarias ou minorizadas non é posíbel comunicarse nun mundo tan cambiante. É certo?
  • Deixemos o catalán e falemos do inglés. Será máis útil, nun mundo coma o de hoxe falar inglés que falar catalán?
  • Que linguas deben aprenderse? Que linguas son útiles?

Con certeza, as respostas do profesor Moreno -que soan a ‘zasca!’-, sorprenderante.

moreno copy

Moreno Cabrera, thug life, repartindo ‘zascas’

Mesmo a presentadora, desde a ignorancia e a frustración ante unha resposta non desexada, cuestionará as palabras de Moreno Cabrera baixo un amargo: “Pregúntaselo a algún gallego, o a algún catalán, que se mueva por España”.

Por se aínda dubidas en ver ou non esta entrevista, aquí che quedan algunhas das reflexións que este catedrático de lingüística xeral enuncia:

  • Canto tempo precisaría eu para me comunicar con 400 millóns de falantes só durante un minuto? 1500 anos!
  • O galego é tan válido para comunicarse en Madrid, como o castelán na Coruña.
  • A educación estivo sempre de costas ao multilingüismo de España.
  • O inglés é inútil no reino de España.
  • Hoxe por hoxe, afortunadamente, o catalán é máis útil para encontrar traballo que o inglés.

Se xa che picou a curiosidade, despois de ver o video… dalle unha vista de ollos aos comentarios.

Ironicamente, sempre se di que cada un de nós leva dentro un entrenador de fútbol.

Á lus dos feitos, semella que hai tamén moito filólogo a camiñar polas rúas!

poltada-i6n1387305

Ilustración do libro “El nacionalismo lingüístico. Una ideología destructiva”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s