Prexuízos raciais e prexuízos lingüísticos

«Habla gallego. Qué bajón!»

Estamos asistindo un filme: Nel, aparecen dúas persoas da Alemaña a conversaren. Mais, é ben sabido, ao Estado español as películas costuman chegar dobradas.

Polo tanto, haberá unha serie de trazos fonéticos distintivos.

Pregunto, nunha aula, sobre como percibimos ese acento nesta figuración que estamos a realizar.  As respostas andan a voltas de adxectivos como: bélica, dura, forte ou agresiva.

Mesmo filme. Mesma localización. Pero poñamos agora que non eran alemáns, que eran italianos. Entón: sexy, elegante, musical, bonita.

Mesma escena. Agora con franceses. Daquela soa: snob, culta, pretenciosa, romántica.

E se foren dúas persoas a falar español?

– “Soa normal.”

…e elegante, e culto. As respostas van nesta liña.

Está ben. Pero, e se foren galegos?

A resposta costuma ser inmediata. Mais ás veces, nos cursos máis avanzados, mesmo acontece que preciso dar opcións para recibir resposta:  bonita ou fea? Branda ou dura? De ricos ou de pobres? normal ou bruta? Etc.

As opinións colócanse dun lado cando as pronuncia unha persoa galega (Autoimagotipo) e do outro cando o fai unha persoa de fóra da Galiza (Heteroimagotipo).

Cando teño os resultados. Pregunto se achan que serían os mesmos no caso de eu realizar o mesmo teste a un catalán sobre a súa lingua propia. Coidan que non.

No caso galego, escollemos por abrumadora maioría a secuencia: Fea, dura, de pobres, bruta…

No caso da xente de fóra, ao nos ouviren escollen: alegre, musical, poética, doce, celta, mística…

Isto débese a un mal endémico que procuramos erradicar: o do autoodio. Unha doenza psicolóxica incompatíbel coa felicidade. Pero calma, afortunadamente, ten cura.

Advirto que o que segue é un vídeo duro e que, infelizmente, magoa un pouco:

 

A comparativa é, sen dúbida, interesante. Os resultados do estudo, correxíbeis. 

Tal vez poida sorprender o feito de que o noso imagotipo sobre o italiano, sexa similar ao que teñen fóra sobre o galego. A razón é simple e a filoloxía responde: A onda fonética das dúas linguas, é dicir, a melodía e o ton, son moi similares.

Mesmo falando en inglés, a este que escrebe estas liñas, lle teñen preguntado se era italiano ‘pola musicalidade da fala’.

Porén, curiosidades á marxe, encontramos espazo para a esperanza. As novas xeracións continúan rompendo barreiras, moldes e estereotipos. Camiñamos en liña recta nun combate frontal ao patriarcado. Abrimos o mundo á diversidade. Rexeitamos calquer forma de prexuízo racial e, para testalo, abonda co testimonio interxeracional. O mundo avanza, e aínda ben!

É traballo de todos e todas nós cuestionarmos os nosos imagotipos herdados, e saber rexeitar os estereotipos.

Por iso, é porque agora é o voso tempo, podemos mudalo todo.

En galego? Pois claro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s