Última hora: na Galiza desapareceu o castelán! (Parece ser)

Notificouno hoxe, desde o seu escano de deputado en Madrid, o actor valenciano Toni Cantó.

Soubémolo a raíz dunha proposta de lei na que o seu partido pretendía prohibir que coñecer galego sexa preciso para ter un emprego da administración pública.

Cantó, que xa comparou a pederastia coas políticas de inmersión lingüística que defende a Unión Europea na Carta europea das linguas minorizadas, continúa deste xeito a dar mostras das súa baixa catadura moral, da súa falta de empatía e do seu carácter impositivo que aposta pola implementación de medidas de imperialismo cultural.

Unhas declaracións que poderían, como este titular pretendeu, causar certa sorna, a non ser polos datos dramáticos que calquera cidadán pode testar no seu día a día. Así, nesta liña, o xornalista Marcos Pérez Pena do diario Praza.gal, publicaba hai uns meses un interesante estudo do que se estraen datos coma este:

Entre o 2003 e o 2013 reduciuse o número de falantes habituais de galego en todos os grupos de idade, pero este descenso foi moito máis acentuado nos e nas menores de 30 anos, onde pasou de 340.000 a 192.000, unha caída do 44%.

Pero, imaxinemos por un instante que a proposta de lei referida, rexeitada por 176 votos en contra fronte a 168 a prol, fose aprobada e implementada na Galiza.

  • É Galiza agora un lugar máis xusto?
  • Sería unha medida positiva para alguén?
  • Pode ser este un escenario posíbel no futuro?
  • Habería entón cidadáns de primeira e cidadáns de segunda?

Nunha outra entrada deste blog introduciamos a figura do profesor e doutor en Filosofía e Letras Juan Carlos Moreno Cabrera, de quen recollemos agora estas palabras:

“Se interpreta siempre el apoyo a las lenguas de las comunidades autónomas como un ataque a la lengua española. Y no es así. Sin embargo lo que siempre ha existido son campañas en contra de las lenguas cooficiales”.

[…] “¿El castellano está en peligro? Es totalmente falso. Lo que sí podemos saber es que el castellano ha intentado eliminar a las demás lenguas de la Península […] Vivimos en un Estado monolingüe y mononacional y desde ese punto de vista se educa a la gente.

Sobre estas cuestións, e outras, reflexionaremos nas próximas aulas.

Mais, como sabemos enfrontar as adversidades cun sorriso e cheas de forza, deixo aquí o xogo irónico que o escritor eumés Antonio Fraga compartía nas súas redes sociais:

-Por 65 pesetas: cosas que han desaparecido en Galicia.

Por ejemplo, el castellano. Un, dos, tres, responda otra vez.

  • El castellano.
  • El eucalipto.
  • El trabajo precario.

Actualización [27 de setembro]

A rede de escolas infantís “Semente” lanzou en twitter unha proposta ao deputado e actor:

Captura de pantalla 2018-09-27 a las 9.57.34

A resposta de Cantó, non se demorou:

Captura de pantalla 2018-09-27 a las 9.59.19

Será, entón, que en Ferrol as crianzas non falan galego?

O mapa sociolingüístico da Galiza, da Real Academia Galega, ofrece datos e habémolos ver nas aulas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s