Canto vale un ser humano?

grview-35123-1“Ser mozo e non ser revolucionario é unha contradición até biolóxica”. Así de contundente o expresaba o presidente chileno Salvador Allende.

Por iso, xa nas aulas, un dos deberes dos docentes é precisamente ese: axudar para que o alumnado avance “cara a unha cidadanía máis crítica, autónoma e consciente dos seus dereitos e responsabilidades, disposta a actuar nunha sociedade globalizada e cambiante”. E isto, como o de Allende, tampouco o digo eu, senón o currículo oficial.

A experiencia deste ano, como titor dun fantástico grupo de 3ºESO, permíteme novamente dar aulas de historia, materia que baixo outro nome (Historia da Galiza) ministrei para o alumnado da Universidade da Estremadura entre os anos 2010 e 2013.

Resulta, cando menos curioso, que a narración dos mesmos feitos poida ser tan distinta segundo quen a relate. Mais iso é parte da vida é os feitos históricos non son alleos a este mal.

Xa no caso que nos ocupa, o libro que barallamos –o único do mercado ofertado para alumnado dos cursos de PMAR– aposta por unha visión totalmente hispanicista non sempre científica nin rigorosa. Tampouco é nada novo.

tecoloniso-2.jpg
Reggaetón de Colón: https://www.youtube.com/watch?v=mLRUK4HC0SU

Nesta historia nin hai reino Suevo, nin Xoana é a nobre señora. Magallães é máis español que portugués e Colón, aínda que a ciencia é ben máis cauta, continúa a ser –sen dubidas nin hipóteses– xenovés.

Pero nós examinamos toda a maraña informativa desde unha perspectiva crítica e analítica e, xa que logo, non encontamos grandes problemas. Ben ao contrario, o contraste informativo permítenos avanzar con pasos firmes e máis certos.

Xa agora, encontrarmos manifestacións eurocentristas e racistas, e isto preocúpanos máis. Bastante, bastante máis.

foto.jpg

As actividades relacionadas co texto non melloran a primeira lectura: “¿Crees que los esclavos eran caros? Justifica tu respuesta basándote en los datos del texto.

PHOTO-2018-11-29-01-19-10.jpg

A pergunta para o estudantado non era esa. A que eu tiña para eles era: Que queredes facer perante este tratamento da información sobre a escravitude en África?

A escolla do alumnado foi a de escribir unha carta conxunta e en forma de queixa destinada á editora. E aquí queda:

A quen corresponda,

 

desde a conta de correo do profesor Alberto Pombo, o alumnado de 3º ESO PMAR do IESP Neira Vilas de Oleiros (A Coruña) escribimos para manifestarlles o noso malestar e enfado perante a información do libro de texto que ofrece a súa editorial.

 

Nunha aula enriquecida pola diversidade como a nosa, oféndenos profundamente o texto da páxina 230 onde se explica a “captura de esclavos en África” baixo a información seguinte: “Una cuestión que hay que desmitificar son los pretendidos intercambios ventajosos para los mercaderes europeos”.

 

Máis vergoña e bochorno -aínda- causa en nós a pregunta do exercicio 1 da páxina 231: “¿Crees que los esclavos eran caros? Justifica tu respuesta basándote en datos del texto”.

 

Deixando a un lado a nosa opinión sobre o tratamiento da información do apartado de historia, exclusivamente hispanicista, isto parécenos moitísimo máis grave.

 

¿Ten a editorial algún tipo de disculpa para nós? Na nosa aula, onde as máis diversas procedencias nutren e enriquecen a aula, sentímonos profundamente ofendidos.

 

Á espera da resposta,

 

os alumnos e alumnas Adel, Viki, Miguel, Nadia, Miguel Ángel, Silvia, Gema e Lucía.

 

Tres días despois, a editora responde. E faino con desculpas para o alumnado e comprometéndose a modificar os contidos apuntados.

 

Soy XXXXXXXX, editora del libro.

 

Tanto los autores, XXXXXXXX y XXXXXXXX, ambos profesores de diferentes IES de la Comunidad de Madrid, y con una larga experiencia docente en estos programas, como yo misma lamentamos profundamente el malentendido que se ha producido tras la lectura de unos textos que precisamente pretendían todo lo contrario.

 

Nos comprometemos a revisar la redacción en la siguiente edición para evitar situaciones como esta que pueden llevar a interpretaciones alejadas totalmente de nuestros planteamientos. Concienciar a los alumnos y alumnas de la necesidad de respetar los derechos de todos y cada una de las personas que habitamos la Tierra y ayudarles a convertirse en ciudadanos conscientes y comprometidos es uno de nuestros objetivos prioritarios como docentes.

 

[…]

 

Le repetimos nuestras disculpas y nos ponemos a su disposición para cualquier duda o sugerencia que quieran trasladarnos. Tanto los autores como yo estaríamos encantados de hablar personalmente con usted e intercambiar nuestros puntos de vista que, con bastante seguridad, son más coincidentes de lo que parece.

 

Atentamente, XXXXXXXX.

 

Unha victoria.

Unha victoria de 9 rapaces e rapazas críticas, íntegras, afoutas, inquedas e organizadas como colectivo. Unha victoria para as aulas. Unha lección para a vida.

Desde esa nutritiva e enriquecedora diversidade que o alumnado aludía e que nos conforma, continuaremos enfrentando toda forma de discriminación.

Certamente, a maior desgraza da xuventude actual –como dixo Dalí–, é non pertencer a ela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s